Pesca
O CLUB NÁUTICO CARAMIÑAL aparte de tódolos servizos que ofrece ós seus socios organiza outras actividades de entretemento coa finalidade de que durante o ano poidan sacarlle rendemento ás súas embarcacións non só para paseo se non que teñan outras opcións para os seus intres de lecer, como poden ser campionatos de pesca para todos eles. Exemplos deles temos:
AÑO 2007
- O pasado 17 de marzo celebrouse o 1º CAMPIONATO DE PESCA DE CHOPO coa participación de 36 embarcacións. O concurso arrincou ás 08:30 finalizando ás 18:00 horas. Houbo tres categorías de premios cos seguintes gañadores:
- Á peza máis grande - Embarcación Chata II, patrón D. Antonio Fuentes Varela.
- Ó maior número de pezas - Embarcación Velaivai, patrón D. José Mato Gómez
- Ó maior número de quilos - Embarcación Dapalca, patrón D. José Manuel Cores.
- O pasado 14 de xullo celebrouse o 1º CAMPIONATO DE PESCA coa participación de 20 embarcacións. Houbo tres categorías de premios cos seguintes gañadores:
- Á peza máis grande - Embarcación Paz Biscaia I, patrón D. Manuel Paz Domínguez.
- Ao maior número de quilos - Embarcación Mar Dentro, patrón D. José María Durán Casas.
- Á pesca máis variada - Embarcación Mar Dentro, patrón D. José María Durán Casas.
AÑO 2008
- O pasado 29 de novembro celebrouse o 2º CAMPEONATO DE PESCA DE CHOPO co patrocinio da empresa Río Blanco, S.L. e ca participación de 15 embarcacións. O concurso arrancou ás 08:30 finalizando ás 18:00 horas. Houbo tres categorías de premios cos seguintes gañadores:
- Á peza máis grande – Embarcacións Piru Un e o Iate de D. José Luís Lea López e D. José Manuel Míguez Vicente, respectivamente.
- Ao maior número de pezas – Embarcación Begoña Un, patrón D. Andrés Millán e tripulante D. Luis Moure.
- Ao mayor número de kilos – Embarcación Begoña Un, patrón D. Andrés Millán e tripulante D. Luis Moure.
- O pasado 9 de agosto celebrouse o 2º CAMPEONATO DE PESCA co patrocinio de Gadis e ca participación de 15 embarcacións. O concurso arrancou ás 8:30 finalizando ás 18:00 horas. Houbo tres categorías de premios cos seguintes gañadores:
- Á peza máis grande – Embarcación Begoña Un con 700 g, tripulante D. Luis Moure Vázquez.
- Ao maior número de kilos – Embarcación Begoña Un con 19 kg e 600 g, patrón D. Andrés Millán e tripulante D. Luis Moure.
- Á pesca máis variada – Embarcación Blanco con 8 variedades, patrón D. Andrés Blanco Portas.
Para este ano 2010 está prevista a celebración de dous novos campionatos así como a creación dunha escola de pesca deportiva dirixida aos máis xóvenes.
