Cursos de vela > Escola de vela
Creada en 1992, a Escola de Vela do Club Náutico Caramiñal servíu para que os mozos e non tan novos se afeccionaran a un deporte considerado elitista dende sempre. O Club Náutico Caramiñal, puxo o seu grao de area para que este deporte poida ser practicado por todos
Nacida dun pequeno soño, a Escola de Vela fíxose realidade e cada ano émáis a xente que tanto do pobo como foránea se atreve a iniciarse neste deporte. O noso Club realiza e asiste a varias regatas durante todo o ano.
Na actualidade o Club grazas á Colaboración de Caixa Galicia e do Concello de Pobra do Caramiñal, está formando a un grupo de mozos para formar o futuro equipo de regatas e así cumprir un antigo soño e poder representar ao club nas distintas regatas que se organizan na nosa comunidade e que así cheguen a ser uns bos regatistas
