O Clube > Historia


O Club Náutico Caramiñal nace o 5 de Agosto de 1990. A carencia absoluta de infraestruturas náutico-deportivas na zona, obriga a un grupo de 9 amigos náuticos a formar o Club.
O acta fundacional asínana: Jaime Pereda López, Andrés Fernández García, José Carlos de Diego Blanco, Concepción Peleteiro Bandín, Gumersindo Angel Pichel Iglesias, José Davila García, Vicente González Vidal e Manuel Castillo García.

Exponse, en principio, a etapa de asentamento e creación de infraestruturas mínimas para o arranque da Sociedade, que, partindo de cero, ten de xestionar absolutamente todas as súas necesidades. A resposta social a todos os niveis, excede con moito as expectativas da Directiva, alcanzándose a cifra de cincuenta socios ós poucos meses da existencia da Sociedade.

historia1

INAUGURACIÓN INSTALACIÓNS 11 DE AGOSTO DE 1992

Como primeiro paso, comézanse de inmediato as xestións para a instalación do peirao deportivo, que culmina coa inauguración das instalacións o 11 de Agosto de 1992, polo Presidente da Xunta, D. Manuel Fraga Iribarne, compostas por 120 prazas de amarre, e avaladas por unha masa social de 162 socios.

A morte de primeiro Presidente, Jaime Pereda López, aboca á formación da segunda Xunta Directiva presidida por Alfonso Castillo Sánchez en 1998, época moi frutífera posto que se logra a Concesión Administrativa en terra e no mar, así como o asentamento definitivo do Club tanto en número de socios como en número de prazas. Esta segunda etapa finaliza en decembro de 2006.

Bandera azul en 2000

BANDEIRA AZUL EN 2000

A actual Xunta Directiva presídea Manuel Castillo García dende o 2 de Decembro de 2006

sitemap