O Clube > O Entorno
DESCRICIÓN XERAL
Tradicionalmente asóciase o nome de Caramiñal a unha planta arbustiva espiñenta chamada "caramiña" ou "caramiñeira", nome vulgar de "corema Album", no pasado, moi común nesta zona da costa.
A Pobra do Caramiñal pertence á provincia da Coruña. Os seus areais e praias, os roquedos que se invaden suavemente na liña de mar, a súa vila sacudida constantemente pola brisa mariña, as pegadas de ilustres personaxes, pazos señoriales... configuran a paisaxe. Ó fondo, envolvéndoo todo, os altos cumes do Barbanza, compoñen o escenario da Pobra do Caramiñal. Un tradicional dinamismo económico e a atractiva paisaxe convertérono nun importante centro con
serveiro e punto de destino para o turismo estival. O seu capital, vila fidalga mariñeira, deu nome ao que hoxe pasa por ser un dos máis relevantes municipios do panorama económico galego.
O termo ten as seguintes parroquias: Xobre, A Pobra do Caramiñal, Lesón e Posmarcos, integradas na Mancomunidade do Barbanza. Pertence ao Partido Xudicial de Ribeira e cos outros municipios da ría forman a Comarca setentrional da ría de Arousa.
Actualmente ten uns 10.000 habitantes. O 65% da poboación total aséntase na estreita franxa costeira.
A Pobra do Caramiñal, xunto con Boiro e Ribeira, fai da Comarca de Arousa Norte un dos eixos máis dinámicos do litoral, ao que contribuíu decididamente a vía rápida do Barbanza, que facilita a comunicación dos pobos costeiros e mellora a súa accesibilidade.
